Xacemento do Castro/ Outeiro do Demo/ Castro da Boullosa

mapa ficha

Referencia:

010193

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603745 y: 4640912

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Castro/ Outeiro do Demo/ Castro da Boullosa

Descrición:

Dende o núcleo de Baltar coller a estrada que comunica con Portugal, desviarse á dereita cara á Boullosa. Continuar uns 900 m. nesta dirección, a man dereita hai un sendeiro que sube ao castro pola súa marxe oriental. A última parte do percorrido haberá que facela camiñando.
 
Ubícase nun impresionante outeiro, formando parte das serras que limitan con Portugal, destacando de manera aillada na paisaxe cun dominio visual de practicamente todo o concello.
 
O asentamento fortificado en altura presenta un recinto central, con forma ovalada en sentido N-S, defendido polas impresionantes caídas naturais do terreo que se ven reforzadas por tres liñas de muralla.
 
No extremo norte do recinto central aparece unha cruz de pedra, sen interese artístico, colocada polos habitantes da Boullosa para sacralizar o lugar (a orixinal fora destruída por un pastor, quen tivo que repoñela).
 
Na actualidade tanto o seu acceso como estrutura aparecen cubertos pola maleza.  Nunha inspección anterior, recuperáronse en superficie 13 anacos cerámicos de adscrición castrexa, tanto no recinto principal do castro coma nas ladeiras onde aparecen as liñas de murallas. Aparecen superficies bruñidas ou con restos, mentres que as coccións repártense case de igual modo entre as oxidantes e as reductoras. As pastas son moi homoxéneas, caracterizadas como castrexas polas súas especiais características. Apenas pode diferenciarse forma algunha-agás unha posible ola- mentres que en tódolos anacos a adscrición ao mundo indíxena ou castrexo é segura, non podendo precisar o momento concreto.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 -Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Código de identificación: GA32005003.
 -Materiais recollidos na prospección arqueolóxica para a localización e delimitación dos elementos patrimoniais do Concello de Baltar (Ourense). De cara á elaboración do P.X.O.M.
 
 

volver a búsqueda