Xacemento Outeiro Redondo/ Outeiro do Castro

mapa ficha

Referencia:

010192

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 605909 y: 4642036

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Petroglifos

Subtipo:

Petroglifo

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Outeiro Redondo/ Outeiro do Castro

Descrición:

Partindo da Capela da Asunción, na saída de Baltar, coller a pista de terra que leva cara as zonas de aterraxe e despeque de parapante. O xacemento atópase indicado mediante unha serie de señalizacións en madeiras que poñen "Petroglifos". Na actualidade esta ruta de senderismo non se atopa moi limpa, xa que a maleza cubriuna.
 
Emprázase nun pequeno outeiro pertencente á ladeira da Serra do Larouco, caendo en dirección NW cara o val do río da Rousía e Baltar.
 
Na derradeira revisión de campo, na superficie delimitada atópanse unha serie de afloramentos graníticos cunha serie de gravados,probablemente pertencentes a épocas históricas diversas. Os máis representativos son coviñas, ferraduras, liñas verticais. Tamén aparecen as iniciais C e R. Tanto os seus accesos coma parte das rochas atópanse cubertas pola maleza dificultando a súa total visión.
 
Na ficha da Xunta recolle a existencia dun motivo moi repetitivo, unha figura formada por 6 cadrados dispostos 4 na base e 2 por riba, rematados por unha cruz (unha figura similar, formada por tres cadrados abaixo e dous arriba, sen cruz, aparece na labra heráldica dunha vivenda de Garabelos). Tamén hai unha cruz latina sobre un pedestal semicircular (esta representación repítese de forma insistente nos dinteis e xambas dos muíños desta zona:Garabelos,Niñodaguía...) acompañada da cifra 1900, asi como dúas iniciais (F P), acompañadas igualmente da data 1900.
 
A parte da evidencia da data de 1900, o conxunto destes gravados debe considerarse como de época plenamente histórica, podendo arrincar da Idade Media. Poderían considerarse signos de demarcación territorial, posiblemente para delimitar terreos de pastoreo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 -Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005007.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-RODRÍGUEZ COLMENERO, A. "Un gran conxunto de novos petroglifos no Outeiro Redondo, Baltar (Xinzo de Limia-Ourense)", en Revista Larouco , nº2, Edicións do Castro, 1996, pp. 279-281.

volver a búsqueda