Xacemento Cazoletas de San Pedro

mapa ficha

Referencia:

010191

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604425 y: 4642093

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Cazoletas de San Pedro

Descrición:

Dende Baltar, coller a nova estrada que leva cara a Portugal, desviarse á dereita no lugar de Montecelo. Na explanada inmediata á Capela de San Pedro localízase unha pequena rocha, que apenas sobresae do chan, na que aparecen unha serie de marcas. As dimensións desta rocha son:
 no eixo N-S: 1'4 m
  no eixo E-O: 0'65 m
  altura: 0'2 m.
 
A ficha da Xunta considéraas como cazoletas agrupadas nun número de catro sen formar un motivo definido. Un tanto máis alonxada, podería existir unha quinta cazoleta, que non presenta os mesmos rasgos e non tería relación co conxunto anterior.
 
Na nosa opinión trataríanse dos vestixios deixados polas cuñas de madeira durante o proceso de extracción de rocha. As dúas alineadas en sentido vertical serían parte deste proceso, mentres que as tres alineadas en sentido horizontal e máis redondeadas serían ensaios previos á extracción definitiva. Estarían en relación coa construción da capela, xa que trátase do mesmo tipo de mineral.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005026.

volver a búsqueda