Xacemento O Santo Vello/ As Touzas do Laspedo

mapa ficha

Referencia:

010187

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 600610 y: 4643407

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Santo Vello/ As Touzas do Laspedo

Descrición:

Partindo da Boullosa, desviarse cara a Tosende. Tras percorrer aproximadamente tres kilómetros atoparemos a man dereita o xacemento. Sitúase ó norte-norleste do Castro de As Muradellas. Débese coller unha pista de terra que se atopa en fronte do Muíño dos Currillóns. Foi moi dificultoso chegar ata o lugar xa que a densa maleza cegou os accesos.
 
Segundo os veciños de Tosende, neste lugar existen os restos dunha antiga capela, xa que este sería o antigo barrio de Tosende.
 
Na revisión de campo atopouse un sartego antropomorfo escavado na rocha. Na actualidade no patio de Casa reitoral de Tosende consérvase un sartego arrancado deste lugar.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005019.

volver a búsqueda