Xacemento As Muradellas/As Casarellas/Muralla dos Mouros

mapa ficha

Referencia:

010186

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 599981 y: 4643115

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento As Muradellas/As Casarellas/Muralla dos Mouros

Descrición:

Dende a entrada de Vilamaior da Boullosa, coller a pista á dereita en dirección a Tosende. Tras atravesar uns 3'5 kilómetros, atopamos o xacemento. Ubícase nun outeiro situado á beira dereita da estrada, non existindo accesos acondicionados.
 
Este outeiro sitúase na parte media-final da ladeira meridional do Alto do Laspedo, con pendente e dominio visual de toda a zona da Veiga e val do Salas.
 
Segundo a ficha da Xunta, este asentamento fortificado en altura ten forma semi-ovalada. Destaca o importante sistema defensivo formado por un terraplén con parapeto e muralla, xunto con tres liñas de foxo na metade norte, mentres que na zona sur complétase con dúas liñas de muralla.
 
Na inspección superficial localizáronse catro pequenos fragmentos cerámicos con características típicas da cerámica castrexa ou tradición indíxena, con coidados bruñidos, en dous anacos, e pastas definitorias. Localizáronse na ladeira sur do castro, dentro dos recintos delimitados para asentamento.
 
Na actualidade por mor da vexetación existente foi imposible acceder e comprobar o seu estado.
 
Nunha prospección anterior localizouse, en superficie, dentro do pequeno espacio do abrigo rochoso un anaco cerámico. Corresponde a un fragmento de panza, moi deteriorado, onde pode observarse unha decoración a base de finas liñas incisas en horizontal agrupadas en series de dúas. Polas características de fábrica, adscribíuse á etapa do bronce, sen maiores precisións.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Código de identificación: GA320050018.
-Materiais recollidos na prospección arqueolóxica para a localización e delimitación dos elementos patrimoniais do Concello de Baltar (Ourense). De cara á elaboración  do P.X.O.M.

volver a búsqueda