Xacemento Forno da Tella/ O Freixediño

mapa ficha

Referencia:

010185

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609933 y: 4646093

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Forno da Tella/ O Freixediño

Descrición:

Dende Baltar, coller a estrada que comunica con Niñodaguia. Ao chegar ao cruce que levaría a este núcleo, continuar cara a Gudín, pertencente ao concelllo de Xinzo. A uns 400 metros deste cruce atópase este xacemento, atravesado pola propia estrada.
 
Recolléranse referencias sobre a aparición de restos cerámicos e pedras labradas no momento da construción da estrada entre Baltar e Cualedro. Ao realizar as obras da parcelaria apareceron anacos cerámicos. A partires disto, interpretárase como un asentamento romano de chaira, de tipoloxía e extensión indeterminadas.
 
Nunha inspección feita máis tarde rexistráronse cantidades non moi significativas de pequenos anacos de cerámica de construción romana (tégulas). Na derradeira visita non se atoparon vestixios en superficie.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005008.

volver a búsqueda