Xacemento Capela de San Martiño

mapa ficha

Referencia:

010184

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609941 y: 4645396

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Capela de San Martiño

Descrición:

Dende o núcleo de Niñodaguía dirixirse ata o forno comunal, continuar uns 60 metros, para desviarse á esquerda no primeiro cruce. Continuar uns 160 metros por esa pista de terra. O xacemento atópase á dereita, a uns 125 metros de dita pista.
 
Na zona de val do río da Rousía sitúase esta finca adicada a prado, na que se ubica a desaparecida igrexa de San Martiño. As súas portas todavía se atopan na palleira dunha vivenda de Niñodaguía.
 
Os veciños aínda lembran oír falar de que as mulleres do lugar do Seixo viñan ata aquí a escoitar misa; e mesmo da aparición de tumbas escavadas na rocha ( "pedras así como tumbas"), descoñecen a onde foron parar.
 
Estas descricións interprétanse como sartegos escavados na rocha. Na revisión dos muros de peche desta finca obsérvanse pezas de granito ben labradas, que poideran corresponder ao antigo edificio desaparecido.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Código de identificación: GA32005009.

volver a búsqueda