Túmulo nº1 do Cairo

mapa ficha

Referencia:

010181

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 610915 y: 4648223

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Bouzo, O

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Túmulo nº1 do Cairo

Descrición:

Partindo da Capela continuar de fronte uns 100 metros. No cruce xirar á dereita continuar de fronte. No primeiro cruce desviarse á esquerda. Continuar pola pista de terra uns 500 metros; na beira esquerda desta pista, nunha finca de cultivo, atópase o túmulo.
 
Localízase nunha penichaira con suave pendente cara o leste. Trátase dun túmulo de medianas dimensións. A densa vexetación impide ver restos de posibles estruturas pétreas (cámara ou coraza). Non se observa cono de violación.
 
Nas proximidades aparece un ortostato. Coordenadas ortostato: X: 610914, Y: 4648175.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005014.

volver a búsqueda