Xacemento A Santa/As Muradellas

mapa ficha

Referencia:

010179

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 607155 y: 4643805

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Vilas

Subtipo:

Vila

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Romano
Xacemento A Santa/As Muradellas

Descrición:

Segundo as referencias dos veciños, a Capela da Asunción e as súas aras romanas en orixe procedían deste punto; por esta razón esta zona coñécese como A Santa.
 
Debido á concentración parcelaria modificouse a morfoloxía e aspecto orixinal do terreo. No propio solo actual localizáronse restos materiais como anacos de tellas romanas (tégula e ímbrice), así coma algúns anacos de ladrillos e pequenos anacos de cerámica común. Xunto con estas pezas aparecen misturados anacos correspondentes ao mundo medieval pero sen ubicación cronolóxica concreta.
 
Tanto as referencias orais como os restos materiais apuntan á existencia dun asentamento romano con pervivencia no mundo medieval.
 
No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense deposítanse un total de 38 anacos cerámicos dunha revisión anterior efectuada no 2005. Apareceron dentro das fincas da delimitación do xacemento. Presenta heteroxeneidade en pastas, coccións, etc. A súa grave alteración nótase na imposibilidade de observar na gran maioría o tipo de tratamento externo orixinal, ademais da súa salientable fragmentación. Aparecen algunha pezas decoradas, normalmente a base de pequenas molduras ou liñas incisas, sempre en horizontal. Predominan as de adscripción romana, onde sobresae unha, tipificada como EP7 (fonte de engobe con depresións internas a modo de "ovas", a imitación das sigillatas tardías e situada, como tal, na etapa baixo-imperial, a partir do s.IV d.C.). Igualmente romana é a cerá mica de construción rexistrada, onde se diferencian tégulas-a maioría-, algún ladrillo e un ímbrice. Xunto con elas aparecen misturados anacos correspondentes a unha época máis avanzada, inserta no mundo medieval, aínda que sin ubicación cronolóxica concreta.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005013.
-Materiais recollidos na prospección arqueolóxica para a localización e delimitación dos elementos patrimoniais do Concello de Baltar (Ourense). De cara á elaboración do P.X.O.M.

volver a búsqueda