Xacemento Arca dos Penedos

mapa ficha

Referencia:

010176

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 607276 y: 4643074

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Abrigos

Subtipo:

Abrigo

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Arca dos Penedos

Descrición:

Dende a Capela de Asunción á saída de Baltar tomar unha pista de terra en dirección sur, que leva cara as zonas de aterraxe de parapente, nas ladeiras da Serra do Larouco. Continuar ao longo duns 3 kilómetros, ao chegar a unha bifurcación nunha pronunciada curva tomar á dereita. Continuar subindo uns 500 metros ata chegar a un pequeno rechán, onde a man dereita se sitúan os penedos. Hai que camiñar a través de monte baixo para chegar ao propio xacemento.
 
Trátase dun pequeno refuxio natural entre grandes penedas graníticas cuberto cunha gran peza de forma arredondeada. O seu espazo interior presenta unhas dimensións de 1´8 m de ancho e 1´3 m de altura. Reforzando o seu carácter de abrigo no seu interior obsérvanse pequenas pedras, a modo de cuña, tapando as rendixas entre as rochas.
 
No piso do refuxio constituído por terra miúda apareceran varios anacos cerámicos, algún con decoración impresa cordada, clasificados por A. Seara como campaniformes.Nunha prospección posterior, recuperouse un anaco de panza, moi deteriorado, decorado a base de finas liñas incisas en horizontal agrupadas en series de dúas. Polas características de fábrica, adscribiuse á Idade do Bronce. Estos materiais atópanse depositados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005006.
-Materiais recollidos na prospección arqueolóxica para a localización e delimitación dos elementos patrimoniais do Concello de Baltar (Ourense). De cara á elaboración do P.X.O.M.

volver a búsqueda