Xacemento Lama das Casas

mapa ficha

Referencia:

010171

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600009 y: 4638465

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

Sabucedo dos Peros

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Cruces de termo

Subtipo:

Cruz de termo

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Lama das Casas

Descrición:

Partindo do núcleo de Sabucedo coller un camiño de terra que leva cara a fronteira con Portugal. Partindo da Capela de Santa Bárbara, subir uns 50 metros de fronte atópase unha vivenda de construción recente. Haberá que coller unha pista que vai por detrás de dita casa. Esta pista asfaltouse só no principio, aproximadamente nuns 50 metros para logo continuar sendo de terra. Tras percorrer uns 500 metros hai unha bifurcación, na que haberá que tomar o ramal da dereita. Continuar por el ao longo de, aproximadamente, 2 kilómetros. A zona xunto coa cruz atópase á dereita á beira deste sendeiro.
 
Segundo relataron os veciños de Sabucedo, neste lugar existíu un pobo que sufríu unha gran inundación que matou aos seus habitantes. Unicamente sobrevivíu unha vella que baixou a vivir ao pobo de Sabucedo, pero os veciños non a quixeron e botárona fóra. Pola contra, en San Paio acollérona quedando a vivir alí. Cando morreu, cedeu os terreos do seu anterior pobo aos habitantes de San Paio. Aínda agora estos monte pertence aos de San Paio.
 
A cruz gravada nunha rocha delimita as posesións dos pobos de San Paio e Sabucedo. Non se aprecian vestixios de ningun tipo de estrutura pertencente a un núcleo poboacional anterior. Saliantar que a densa vexetación dificulta a visión e localización de posibles restos. A rocha coa cruz atopábase totalmente cuberta pola abondosa maleza.  
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005-REF001.

volver a búsqueda