O Castillete

mapa ficha

Referencia:

010165

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603691 y: 4644600

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Santo Antoniño

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Arqueoloxía Industrial

Subtipo:

Arqueoloxía Industrial

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
O Castillete

Descrición:

Trátase dunha explotación mineira de wolframio, aínda que tamén hai estaño. O wolframio é un mineral co punto de fusión moi alto (máis de 3000 grados centígrados) empregándose para endurecer as aleacións. Esta propiedade utilizouse polos exércitos de todo o mundo para desenrolar material bélico.
Dende sempre, os habitantes do pobo extraían este mineral de maneira individual. Nas vésperas da II Guerra Mundial, a Alemaña nazi non tiña no seu territorio minas de wolframio; así buscou deseperadamente aprovisionarse deste estratéxico mineral. Por cuestións de proximidade, tiña que atopalo en Europa, onde escasea, dándose principalmente en Galicia (destacan as comarcas de Valdeorras, Xallas, Trasdeza, Bergantiños e Xallas), suroeste salmantino, o Bierzo, na provincia de Cáceres e Portugal. Deste modo, Hitler reclama ao goberno franquista, como cobro pola axuda militar e económica prestada durante a Guerra Civil, autorización para organizar empresas destinadas a explotación de wolframio.
 
O wolframio galego terá para os alemáns unha importancia decisiva. Era practicamente a súa única fonte de suministros e necesitábano para endurecer os blindaxes do seu armamento. Americanos e ingleses coñecían esta situación. Deste xeito, Galicia énchese de axentes alemáns dispostos a conseguir o material a calquer prezo e axentes aliados dispostos a evitalo.
 
Dentro deste contexto, esta mina pasará a estar xestionada por unha empresa alemana. Ao rematar a guerra serán os españois quenes pasen a  xestionala. Os veciños do pobo non se lembran da data exacta.
 
Como noutras minas imos atopar dúas zonas de traballo.Na parte máis alta, localízase a zona de extracción, onde os homes barrenaban a rocha con mazas e punteiros. O mineral acumulábase preto da caseta, onde un home encargábase de encher manualmente as vagonetas que subían polos raís e poñelas en movemento. Na actualidade, esta caseta de planta rectangular atópase semiderruída, sen teito e con parte dos seus muros caídos. As vagonetas cargadas co wolframio baixaban ata a segunda zona de traballo, denominada o lavadoiro. Primeiramente caía nun depósito de auga e despois pasaba ás mesas separadoras, caixas rectangulares de madeira cubertas cunha malla metálica, onde as mulleres separaban o mineral das impurezas que traían axudándose cunha roda (utensilio parecido a un sacho). Esta edificación presenta planta rectangular cos muros de cachotería semiderruídos e sen cuberta.
 
Mentres que na zona de extracción só se traballaba durante o día; na de lavado facían dous turnos, tanto de día como de noite. Nas súas proximidades  existía unha carpintería na que se fabricaban as caixas para o lavado e os vigallóns (mangos dos picos). Nesta explotación ademais dos propios habitantes de Santo Antoniño, traballaba poboación de núcleos veciños como A Quinta, San Paio, Rubiás, que alugaban casas no pobo.     
 
Coordenadas do lavadoiro: 604012 / 4644622.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-MONSACRO.NET(patrimonio industrial) Revista de Patrimonio Industrial y Técnico. Arqueología Industrial. "Minas de wolframio en Orense. En memoria del olvido."

volver a búsqueda