Muíño da Retorta

mapa ficha

Referencia:

010159

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 608644 y: 4645708

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño da Retorta

Descrición:

Partindo do cruce de entrada do núcleo de Niñodaguía, dirixirse cara Baltar. Tras percorrer uns 1300 metros ao longo desta estrada, desviarse á esquerda. Esta pista de terra, ao longo de 250 metros deixanos no propio muíño. A zona onde se ubica denomínase a Retorta.
 
Trátase de tres edificacións anexas realizadas en cachotería. Unha albergaría unha pequena construción para uso do muiñeiro, outra o propio muíño e por último atópase un pequeno almacén. Trátase dun muíño de canle con dúas entradas de auga coas súas correspondentes saídas na zona do inferno. As lovadas son de perpiaño.
 
A súa estrutura de todo o conxunto atópase moi alterada. Na actualidade úsase como segunda residencia.

volver a búsqueda