Muíño de José María Salgado

mapa ficha

Referencia:

010156

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 611069 y: 4647362

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Bouzo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño de José María Salgado

Descrición:

Atópase no lugar coñecido como Alboriz, preto da ponte que leva ese mesmo nome.
 
Presenta dúas construcións anexas realizadas en granito. Primeiro atópase a vivenda feita en perpiaño, con planta baixa usada como palleira e no primiero andar a zona de vivenda, á que se accede por medio dunhas escaleiras. A súa cuberta é a dúas augas con tella do país. A continuación, o muíño de canle con cuberta de tella do país a tres augas. Os seus muros son de cachotería, con lumieira na porta de acceso. Trátase dun muíño de canle con dúas saídas de auga na zona do inferno . Presenta unha magnífica lovada e cubo realizados en perpiaño.

volver a búsqueda