Cruceiro do cemiterio

mapa ficha

Referencia:

010134

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603369 y: 4642275

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Cruceiro do cemiterio

Descrición:

Cruceiro do século XVII ubicado no cemiterio de Vilamaior da Boullosa. Presenta plataforma de tres gradas e pedestal prismático cos netos en rebaixe, sobre unha base escalonada e con cornixa cuadrangular moldurada. O varal cilíndrico arranca dunha basa circular e escalonada. Presenta dobre collarino e capitel corintio composto superado por abaco cadrado cos lados cóncavos e decorados con efixies de forma circular. A cruz ten os travesaños de sección cuadrangular provista de cartela e decoradas coas imaxes de Crucificado e Virxe das Angustias.
 
Segundo os veciños, o cruceiro trasladouse fai corenta anos. A ubicación orixinal deste cruceiro sería no emprazamento que hoxe ocupa o teleclub, na mesma rúa, a uns vinte metros. Nese lugar había unha capela que foi demolida para colocar o cruceiro.
 
Na actualidade aos pés do cruceiro hai unha mesa-altar ou pousadoiro con base rectangular, zona central con oco labrado e mesa rectangular e moldurada. Peza que podería pertencer a esa capela hoxe desaparecida.
 
En diferentes libros da Boullosa aparecen as seguintes referencias:
 Libro 1.14.8.
 Fol.2. Visita 2 Decembro 1634. Dícese que su merced ten noticia de que moitos dias de festa a misa dícese na capela de Nosa Señora dos Remedios, e non na igrexa, asi que manda que isto non suceda, e tódolos días de obrigación dígase misa na igrexa de Vilamaior da Boullosa.
 Fol.15v. Contas do ano 1633. Nunha nota ao marxe pon "tiene carta de pago de todo lo demas de los maestros, que hicieron la hermita de Nuestra Señora".
 Fol.16. Contas de 1634. Volve a falar dunha partida de diñeiro que se pagou para a obra da ermida da Nosa Señora.
 Fol.20. Visita 4 Decembro 1640. Tamén se di que na hermida de Nosa Señora se di misa a diario, asi que manda que se nomee a un maiordomo.
 Fol.56. Visita 9 de Agosto 1669. "... Ay dos hermitas en la feligresía una de San Antonio abad y la otra de nuestra señora de los Remedios".
 Libro 4.14.12.
 Fol.7v. Visita 20 de Xuño 1679. "Ay una hermita de Santantuiño y otra donde esta el santisimo = Ay otra en el lugar de lo rousia de santa ysavel = y en la hermita de nuestra señora de los remedios ay una capilla colativa que fundo el licenciado Gonzalo Dominguez...".
 Fol.29. Visita 28 de Xullo 1687.
 "...ay una ermita de Nuestra Señora de los remedios y san antonio abad estan con decencia..."
 Fol.36v. Visita 16 Xuño 1694.
 "ay en esta feligresía dos capillas que la una es quasi matriz con obligazion de misa de Alva todos los dias festibos aunque al presente esta mal tratada y con yndeçencia. Y la otra de San Antonio abad en el lugar de Santantoyño que esta con deçencia..."
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.
-A.H.D.OU.
    BOULLOSA
         Libro 1.14.8
         Libro 4.14.12

volver a búsqueda