Forno comunal do Barrio

mapa ficha

Referencia:

010133

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603648 y: 4642265

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal do Barrio

Descrición:

Forno de planta rectangular con muros mixtos de perpiaño e cachotería e cuberta de lousas de pedra a dúas augas, que reflexa estrutura interior abovedada. Os muros curtos son de cachotería e nun deles ten un pequeno ventanuco. Nos lados máis longos, destacan os contrafortes, tres por cada lado para conter os empuxes dos arcos e bóvedas interiores. A porta de acceso sitúase nun dos lados maiores, vai encaixada entre dous dos contrafortes e vai provista de lumieira con inscrición da construción "1827".
 
No interior conserva en perfecto estado o lar, a capela do forno, e un chapelí con enormes ménsulas. A boca ten mesa semicircular e grandes sillares a modo de lintel. No espazo do obradoiro e situado á dereita hai unha gran mesa. Os arcos faxóns do interior, van apoiados sobre pilastras, dúas delas con grandes capiteis lisos. As tres bóvedas de canón están realizadas con cachotería.

volver a búsqueda