Forno da Aldea

mapa ficha

Referencia:

010131

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603174 y: 4642315

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno da Aldea

Descrición:

Forno de planta rectangular con muros mixtos de perpiaño e cachotería e cuberta de lousas de pedra a dúas augas, que reflexa estrutura interior abovedada. Na fachada ten porta con lumieira e dous sillares ben labrados en disposición triangular. Nos muros laterais destacan os tres contrafortes que sustentan os empuxes dos arcos faxóns e das bóvedas de canón do interior.
 
No interior conserva case completa a capela do forno, o chapelí e a boca lintelada. No espazo do obradoiro e situado á dereita hai unha gran mesa de granito coa base de cachotería. Os arcos faxóns do interior, van apoiados sobre pilastras, dúas delas decoradas con grandes capiteis lisos. As bóvedas de canón están realizadas con cachotería.
 
Fai vinte anos utilízabase no día da festa, para asar os años. Para cocer o pan deixouse de empregar moito tempo antes.

volver a búsqueda