Referencia: |
010130 |
Nomenclator: |
3200507 |
Coord. UTM: |
x: 603169 y: 4642338 |
Concello: |
Baltar |
Parroquia: |
VILAMAIOR DA BOULLOSA |
Lugar: |
Vilamaior da Boullosa |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Á beira esquerda do camiño que baixa do forno, atópase esta fonte. Trátase dunha fonte de manancial sen estrutura determinada, realizada con grandes laxes de pedra sen labrar. Dúas están colocadas verticalmente e unha horizontal a modo de cuberta para protexer a mina. Para asentar estas tres laxes hai pequenas pedras.
O seu entorno está alterado pola presenza dun galpón de bloque de cemento e cuberta de fibrocemento que en orixe non existía. A súa ubicación orixinal, era no medio de dous camiños.