Barrio da Revitada

mapa ficha

Referencia:

010128

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603054 y: 4642289

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Barrio da Revitada

Descrición:

O Barrio da Revitada data do século XVIII e comezos do XIX, trátase dunhas edificacións que forman un conxunto construtivo homoxéneo. Todas as casas repiten o mesmo modelo. Están realizadas en granito, algunhas de perpiaño, outras de cachotería. Presentan planta rectangular co primeiro andar para a vivenda e a planta baixa para a corte. A maioría provistas de escaleiras de perpiaño con corredores e patíns. As cubertas, aínda que hoxe son de tella, en orixe eran de colmo. A base destas cubertas son unhas serie de laxes colocadas en ángulo recto a modo de cornixas dobres para protexer do vento. Isto na zona denomínase, panal .
Varias das construcións do barrio presentan inscricións de fundación, nas lumieiras das portas.
 
Este barrio foi a orixe da Bolullosa. Segundo os veciños, os habitantes primixenios, mudáronse á zona máis próxima á estrada, actual núcleo de poboación, fai uns cen anos máis ou menos. O trasladarse de emprazamento, as vivendas cambiaron de uso, deixando de ser lugar de residencia para empregarse como palleiras
e/ou cortes.

volver a búsqueda