Casa do Conde

mapa ficha

Referencia:

010127

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603724 y: 4642462

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa do Conde

Descrición:

Vivenda de grandes dimensións cun andar superior, planta rectangular, muros de perpiaño e cuberta de tella a catro augas. A fachada norte, que da a unha rúa, ten escaleiras de granito que desembocan nun corredor que da acceso directo ao primeiro andar e que na actualidade está cegado con bloque de formigón. Na súa parte baixa, aloxa un poleiro con dúas portas e unha pequena ventá con repisa pétrea para que entren e saian as galiñas; no seu interior, cinco ocos para chocar.
 
A fachada sur que da á horta, destaca pola gran solaina de granito que descansa sobre catro pilares aristados e cos seus correspondentes canzorros. Consta de tres vanos; ventá central, agora cegada, e dous balcóns. En cada un dos muros de peche da solaina ten un parladoiro de pedra; moi próximo a un deles, hai en relevo unha data de construción e un cáliz ou copón. Diante desta fachada hai unha horta pechada con muro mixto, de perpiaño e cachotería.
 
Fachada lateral oeste, na planta baixa ten dúas portas, unha delas cegada. Entre as portas e un pouco máis elevado hai un canzorro, no primeiro andar, dúas ventás rectangulares. Na esquina dereita ten outro canzorro e baixo unha das ventás, unha gárgola en forma de canón. No lateral esquerdo, pódese ver un pequeno ventanuco, pertencente ao corredor da fachada contigua.
 
A fachada este non ten ningún elemento destacable, só é muro de peche.
 
Esta casa coñécese como Casa do Conde, segundo a información dunha veciña sería o Conde de Lemos. Fai uns corenta e cinco anos utilizouse como escola.
Na ficha do Ministerio fala da existencia dun forno no patio, que xa non se conserva e que os veciños dín que estaba na rúa máis próxima á parte traseira da casa, e non nas dependencias da casa. Fai uns trinta anos, o veciño e propietario do forno, quitouno ao reformar a súa casa.
 
Para entrar ao calexón que daba servizo a esta casa, onde estaba o forno, había un "paredón" de pedra cun acceso que enlazaba co peche da horta do Conde.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda