Fonte da Aldea

mapa ficha

Referencia:

010126

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603631 y: 4642335

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte da Aldea

Descrición:

No lugar da Aldea, sitúase esta fonte de manancial, exenta e realizada en perpiaño. Presenta estrutura cúbica con entrada de arco lixeiramente apuntado e cuberta plana decorada con cornixa moldurada. Aos pés da entrada leva unha laxe en disposción horizontal a modo de protección. Nos laterais da estrutura, cara a súa parte baixa ten unha pedra rectangular ben labrada que serve de banco.
 
Xusto diante da fonte a escasos metros, hai un estanque rectangular de pedra labrada onde bebían os animais.
 
Na actualidade, a parte traseira desta fonte exenta está adosada a unhas escaleiras da casa situada tras ela.

volver a búsqueda