Capela de San Antoniño

mapa ficha

Referencia:

010121

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604745 y: 4643896

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Santo Antoniño

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Antoniño

Descrición:

No lugar do Santo sitúase esta capela de sillería datada no século XVI. Presenta planta rectangular dunha soa nave, pórtico dianteiro e cuberta de tella do país a dúas augas. A edificación levántase sobre a rocha natural que lle serve de alicerce. Na fachada principal ten o adro co chan de pedra e cun pórtico sobre dous pilares de sección cadrada e cuberta de madeira e tella. Dous chanzos de pedra e forma semicircular dan paso á porta de acceso con arco de medio punto coas dovelas de gran tamaño.
 
Sobre o tellado ten un pequeno campanario de arco de medio punto con remate de cruz, que se levanta sobre unha base con cornixa. No vértice traseiro, ten unha cruz de brazos potenzados.
 
En diferentes libros da BOULLOSA aparecen varias referencias a dita construción.
 Libro 1.14.8
 Fol.56. Visita 9 Agosto 1669.
 "...ay dos hermitas en la feligresia una de San Antonio Abad y la otra de nuestra señora de los Remedios..."
 Fol.63. Bienes que donou a condesa de Monterrey para as festividades do glorioso San Antonio de Santantuiño.
 Libro 4.14.12.
 Fol.7v. Visita 20 xuño 1679.
 "Ay una hermita de Santantuiño..."
 Fol.29. Visita 28 xullo 1687.
 ..."ay una ermita de Nuestra Señora de los remedios y san antonio abad estan con decencia…".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
    BOULLOSA
         Libro 1.14.8 .
         Libro 4.14.12.

volver a búsqueda