Fonte da Fecha e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

010120

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604451 y: 4642028

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte da Fecha e lavadoiro

Descrición:

No lugar coñecido como A Fecha, atópase este conxunto de fonte e lavadoiro realizados en perpiaño. A fonte está formada por unha peza monolítica co extremo superior semicircular, que alberga unha inscrición fundacional e o cano que bota a auga a un pequeno estanque cuadrangular. A súa esquerda hai unha gran laxe que serve de repisa para apoiar os recipientes. Adosado no lado esquerdo, está o lavadoiro rectangular con tres dos seus lados inclinados para lavar a roupa. No restante aparece, como frontal, unha peza de granito en forma triangular.
 
A fonte vai adosada polo seu lado esquerdo, a un muro de cachotería.

volver a búsqueda