Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

010118

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604433 y: 4642093

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Roque

Descrición:

No lugar do Outeiro o no Campo da Festa, sitúase esta capela do século XX, realizada en perpiaño, con cuberta de tella a dúas augas e adro porticado. Presenta planta rectangular dunha soa nave coa sancristía adosada no seu lateral esquerdo. Na fachada principal ten un pórtico cuadrangular sustentado por dous grandes pilares de sección cadrada e aristados, situados nos esquinais. Outros catro máis pequenos de sección poligonal e estreitamento no tercio superior, dispostos, dous no frontal, e un, en cada lateral.
 
O interior do adro ten o chan de lousas e o muro de peche vai provisto dun banco corrido, na súa cara interna. Ten unha única porta de acceso lintelada. E a cuberta é de madeira e tella.
 
No vértice da capela, sobre unha base con cornixa moldurada ten un campanario con arco alancetado e remate de cruz. Nos extremos da cuberta, está decorada con pináculos piramidais.
 
Nos muros laterais ábrense pequenos vanos rectangulares.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda