Muíño dos Currillóns

mapa ficha

Referencia:

010114

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 600407 y: 4642746

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño dos Currillóns

Descrición:

A muíño atópase na estrada que une A Boullosa con Tosende, na zona coñecida como A Veiga. Trátase dun muíño de canle elevada, con planta rectangular, cos muros de cachotería e cuberta de tella do país a dúas augas. Nos muros da canle hai unha moa fincada no chan, reutilizada como sillar. Na fachada ten porta con lumieira e nunhas das xambas leva gravada unha cruz latina.
 
O interior, no tremiñado ten pechadoiro de perpiaño e conserva o pé, o burro, a moega e a capa. No inferno, aínda perduran a tofeira e o rodicio.

volver a búsqueda