Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010111

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 599154 y: 4642871

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

No barrio da Pena atópase este forno con planta rectangular, muros mixtos de perpiaño e cachotería e cuberta plana de lousas de granito a dúas augas. Na fachada principal ten porta con lumieira e unha laxe imbricada no muro a modo de repisa, onde se deixaban as cestas coa masa cando agardaban a quenda para cocer. Nos muros laterais destaca o macizo contraforte para sustentar os empuxes da bóveda de canón do interior.
 
Hoxe da cuberta orixinal de granito pouco se conserva, xa que caeu fai cen anos. Agora ten unha cuberta de tella do país a dúas augas que deixa á vista parte das lousas de granito. Hai unha copla que fala do afundimento do teito de granito do forno.
 
O interior conserva a zona do lar e falta parte da capela. O chapelí mantén as ménsulas e unha laxe horizontal, a boca vai lintelada. No obradoiro, mantense o tendal pétreo e chan terreo.
 
Na actualidade o forno atópase en estado de abandono.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de Catalogación del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda