Fonte da Aldea

mapa ficha

Referencia:

010110

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 599201 y: 4642905

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte da Aldea

Descrición:

Conxunto formado por lavadoiro e fonte. A fonte está moi alterada, sendo orixinal unha pedra labrada en forma de "U" e fincada no chan da entrada. Segundo os veciños, anteriormente estaba pechada cunha forma "tipo capeliña" en perpiaño. Esas pedras, agora están colocadas na parte superior do lavadoiro que se construíu diante da fonte. Na actualidade a fonte é de ladrillo e cemento con cuberta de tella a dúas augas. O lavadoiro ten forma rectangular con muros de perpiaño cos bordos inclinados para lavar a roupa. Nun dos seus lados curtos, presenta unha peza de granito de perfil ondulado coa parte central en forma semicircular, onde se aloxa o cano da auga e hai unha inscrición "19 _ _. Ademais ten unha cuberta con estrutura de madeira, sobre pilares de cemento dentro do propio lavadorio e cuberta de fibrocemento a dúas augas.
 
Todo o conxunto atópase a un nivel máis baixo que o chan, para acceder hai uns chanzos de granito. Por un dos laterais vai adosado a un muro de bloque.

volver a búsqueda