Igrexa parroquial de San Lourenzo

mapa ficha

Referencia:

010106

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 599291 y: 4643002

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Tosende

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de San Lourenzo

Descrición:

Na zona máis alta do núcleo de Tosende no barrio do Cruceiro, atópase esta igrexa de boa sillería con planta rectangular dunha soa nave e cuberta de tella a dúas augas. No seu lateral dereito sitúase a sancristía con dous pequenos vanos rectangulares. No libro 4.13.7 atópanse unha serie de referencias sobre a súa construción. Fol. 27. Obra da sancristía da igrexa. "Entregosse a los maestros de pedreriia que hicieron la secrestia desta Yglesia quatrocientos y quarenta reales= dos carpinteros ducientos y quarenta que en todo hazen seiscientos y ochenta que en todo hazen seiscientos y ochenta reales que esta cantidad en que fue conzertada dicha obra = dio mas el Abbad Don Juan Gutierrez ademas de dicho concierto tres hanegas y media de pan de su tulla a los maestros de dicha secristia a treinta reales la hanega que cobro de dichas primicias importan ciento y cinco reales". Fol.27v: No ano 1716 estaba a sancristía sen rematar, xa que o abade relaciona unha serie de gastos do caudal das primicias."...  Para perfecionar la sachristia que estaba comenzada...". Os gastos que se dan son de tella, o retellador, o porte da cal e a persoa que a aplicou, enlosar a sancristía...
 
A fachada principal consta, de porta lintelada decorada con molduras que nas esquinas toman forma acobadada, sobre pilastras con plinto e escocia, e moldura superior que continúa polos laterais nunha cornixa. O remate de espadana con dobre arco de medio punto con volutas nos extremos, coroada con frontón triangular con vano e cruz florenzada.
 
Na parte traseira en dous sillares diferentes, aparece gravada unha data e unha cruz latina.
 
O edificio, o adro e o cemiterio están rodeados por un muro de perpiaño rematado con sillares de forma troncopiramidal e con banco corrido na súa cara interna, e na zona frente á portada. Este muro tería dúas zonas de paso, a principal con cancela de ferro e decorada con pináculos piramidais de formas bulbosas, e unha no lateral esquerdo da igrexa, agora tapiada, e que está decorada con dúas cruces lisas, unha de sección circular e outra gallada que flanquean un travesaño de cruz coas imaxes dunha Virxe e o torso e pés dun Cristo.
 
O cemiterio orixinal está formado por unha serie de lápidas dispostas polo chan de modo arbitrario. O actual atópase na parte traseira do edificio. Aos pés da entrada hai un enlousado de pezas cuadrangulares agrupadas de tres en tres e enmarcadas por peza lonxitudinal e estreita. Algunhas das lousas presentan unha abertura rectangular e estreita.
 
Nesta feligresía existía unha ermida adicada a San Adriano. Descoñecese a súa ubicación. Así no libro 4.13.6 aparecen varias referencias:
fol.41v., "Por quanto su merced estta Ynformado, que ay algunos devottos, que (acuden o aiuden?) a la fabrica de la Hermita que ttiene estta feligresia, manda su merced que quantto anttes se fabrique en sittio mas dezente y convenientte, y en defecto se demuela".
fol.46. Visita do 5 de Xuño de 1764. "...ay una Hermita de San Adriano, que no esta decente"
                                                         "atento la Capilla de San Adriano esta indecente manda su Merced que el referido Abad notifique a los vecinos de uno, y otro lugar que dentro de dos meses la retegen, y compongan, y no queriendo hacerlo, pase ademolerla, colocando la ymagen del santo en la Yglesia o en otra capilla, que quiere hacer en sitio mas commodo, y con la debida decencia, para qeu se le concede la licencia necesaria"
fol.48v. Visita do 11 de Outubro 1766. Segue habendo a ermida de San Adriano
fol.53v. Visita do 26 de Xuño de 1769. "...ay una hermita de San Adrian, que está indecente"
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-Ficha Inventario artístico.
-A.H.D.OU.
   TOSENDE:
       Libro 4.13.7.
       Libro 4.13.6.

volver a búsqueda