Cruceiro do Xuntadoiro

mapa ficha

Referencia:

010099

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597741 y: 4642698

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro do Xuntadoiro

Descrición:

O cruceiro atópase no barrio do Xuntadoiro, de aí o seu nome. Presenta unha plataforma con dúas gradas, pedestal prismático e varal cuadrangular cos bordos aristados, rematado directamente en cruz de travesaños cuadrangulares, xa que carece de capitel. Sobre a cruz, as imaxes de Cristo Crucificado e Virxe co Neno. A súa ubicación orixinal era máis arriba, xusto en fronte do peto de ánimas.
 
A cada un dos lados da plataforma, aprecíanse os posibles restos do varal e cruz, do cruceiro orixinal. Os travesaños da cruz serían de sección poligonal cos extremos decorados con flor. O varal, tamén é poligonal.
 
Nunha das caras do pedestal figura unha inscrición que na bibliografía consultada, transcriben como "Reconstruíu Manuel Parada 1960" e especifica que se fixo ese ano polo canterio local Darío Veloso, grazas ao empeño de Manuel Parada que correu cos gastos.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E., Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Vigo, Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 1997.

volver a búsqueda