Casa con garita

mapa ficha

Referencia:

010098

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597754 y: 4642639

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Casas Fortes

Subtipo:

Casa Forte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa con garita

Descrición:

No barrio do Xuntadoiro, atópase esta vivenda dun andar realizada en perpiaño, con planta cuadrangular e cuberta de tella a catro augas. Presenta tres fachadas. A principal ten tres portóns lintelados, con inscrición ilexible no central e catro ventás no primeiro andar, sendo unha máis grande. Entre dous dos portóns ten un banco de pedra. A fachada lateral, consta dunha porta con dous chanzos de acceso á planta baixa e un pequeno vano cadrado. No andar superior, ten un balcón con decoración de placas e sobre ménsula que vai flanqueado por dúas ventás. No esquinal destas dúas fachadas, destaca unha garita de perpiaño sobre tres ménsulas. Na planta baixa da fachada traseira, e ras do chan ten un vano rectangular enreixado; no andar superior, catro ventás, tamén enreixadas. Ocupa a zona central, a comuna con cuberta de pedra a unha auga e provista de oco para a ventilación.
 
Este inmoble tamén se coñece como Bótica, Casa do Xuíz  ou Casa do Camilo . Segundo a  información de Dª Conchita Sanz, esta casa foi unha botica na que tamén se vendían tintes e salinas. Despois pasou a ser a Casa do Xuíz de Meaus do Couto Mixto, D. Modesto Brandón. Este vendeuna a un camareiro lisboeta chamado Camilo Parada, coa condición de poder disfrutar dunha habitación, trato que non cumpliu.
 
O pedáneo, e actual "xuíz de Meaus", Sergio, tamén engadíu que era o banco onde se facía o trueque e gardábase a moeda propia que circulaba no Couto Mixto.
O Couto Mixto era un antigo territorio autónomo formado polos pobos de Santiago, Rubiás (Calvos de Randín) e As Maus (Baltar), na fronteira con Portugal. Dende o século XII ata XIX tivo as súas propias leis políticas e administrativas basadas nos dictámenes duns cantos "hombres de acuerdo". Tratábase dunha pequena república  que na práctica non dependía nin de España nin de Portugal. Contaba cunha serie de dereitos e privilexios, como non servir no exército e a liberdade de comercio e de cultivos como o tabaco, ademais de ter exencións fiscais e a posibilidade de dar asilo aos refuxiados da xustiza española e portuguesa. Ata o Tratado de Lisboa de 1864, cada veciño podía elixir libremente a nacionalidade que desexara.
 
Dos tres pobos, As Maus é o que máis comercio tiña, como ben o atestiguan algunhas das súas construcións.

volver a búsqueda