Casa Alta

mapa ficha

Referencia:

010097

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597753 y: 4642625

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa Alta

Descrición:

No barrio do Pereiro atópase esta singular vivenda. Presenta planta rectangular, dous andares, muros de perpiaño e cuberta de tella a catro augas. A fachada principal ten na planta baixa, dous portóns lintelados e unha pequena porta no extremo dereito, que semella non ser propia da distribución orixinal. O primeiro andar ten cinco vanos rectangulares con marco de granito, sendo o segundo pola dereita un balcón, que tampouco semella ser o orixinal. No último andar, repítense os mesmos cinco vanos, tamén con marco e decorados nos extremos inferiores, con motivos semicirculares de cor branco. Na fachada lateral dereita, o esquema é o mesmo nos dous andares, unha ventá rectangular con marco. Na esquerda, só ten vano no segundo andar. A fachada traseira ten porta con escaleira directamente ao primeiro andar e da á horta pechada con muro de cachotería, que no seu lado esquerdo ten un paso para a entrada. Na fachada prinicipal figura a data da construción, "1844" e ten un banco de granito adosado ao muro.
 
Este inmoble era a vivenda da boticaria que a mandou facer repitindo o modelo dunha casa de Pontevedra. Trouxo aos mesmos canteiros para que a fixeran.
Ao seu lado dereito, atópase a botica.
 
Neste pobo existíu unha importante actividade comercial, xa que forma parte do Couto Mixto, da que son reflexo algunhas construcións. As Maus (Baltar) xunto cos pobos de Santiago e Rubiás (Calvos de Randín) constituían o Couto Mixto. Este antigo territorio autónomo, ubicado na fronteira con Portugal, dende o século XII ata o XIX, chegou a ter as súas propias leis políticas e administrativas basadas nos dictámenes duns cantos "homes de acuerdo". Tratábase dunha pequena república  que na práctica nin dependía de España nin de Portugal. Contaba cunha serie de dereitos e privilexios, como non servir no exército, a liberdade de comercio e de cultivos como o tabaco, ademais de ter exencións fiscais e a posibilidade de dar asilo aos fuxidos da xustiza española ou portuguesa. Ata o Tratado de Lisboa de 1864, cada veciño podía elixir libremente a nacionalidade que desexara.

volver a búsqueda