Casa do Boi

mapa ficha

Referencia:

010095

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597857 y: 4642559

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa do Boi

Descrición:

Edificación coñecida como "Casa do boi", xa que alí se gardaba o boi comunal do pobo; na planta baixa vivía o animal e no andar superior, albergábase a herba do boi. A casa presenta planta rectangular, muros de cachotería, cuberta de tella do país a dúas augas e tres fachadas. Na fachada principal que da a unha pequena praza, destaca a presenza dunha escaleira de pedra e corredor de granito que comunican directamente co andar superior. Na fachada lateral, hai un único vano situado no primeiro andar. Na traseira, portón lintelado de acceso á corte e pequena ventá no andar.
 
A casa foi comprada polo pobo fai uns 50 anos. Ata ese momento, o boi pasou por diferentes casas cedidas por distintos veciños. O semental era de propiedade comunal e había un encargado de darlle de comer, de facerlle a cama, quitarlle o esterco, etc., chamado "o pensador". Os veciños turnábanse para sacalo a pacer  a leira, tamén comunal. Estaba estipulado que por cada dúas vacas que tiña cada veciño, tocáballe coidar ao boi un día.

volver a búsqueda