Fonte de Abaixo

mapa ficha

Referencia:

010093

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597915 y: 4642595

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte de Abaixo

Descrición:

Fonte de manancial realizada en perpiaño e situada no barrio do Fondo do Pueblo. Presenta unha estrutura cúbica con arco de medio punto, cornixa e cuberta plana decorada con peza troncopiramidal con decoración incisa remarcando todo o seu contorno. Aos pés da fonte hai un enlousado de pedra de forma cadrada e acotado espacialmente nos seus catro lados. Dunha banda, pola propia fonte. Nos laterais por sillares que no lado esquerdo, adoptan forma de banco. E no frente por outros dous sillares que deixan á dereita un pequeno paso con chanzo incluído que baixa á fonte provista de porta de forxa.
 
No muro de peche do lateral dereito ten un orificio de saída da auga que vai cara unha pía rectangular. Ao seu carón hai un lavadoiro, apenas visible, xa que está cuberto de herba e terra.
 
A fonte en orixe era exenta, na actualidade por mor da construción da casa situada a súa dereita, atópase adosada.

volver a búsqueda