Igrexa parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

010090

Nomenclator:

3200505

Coord. UTM:

x: 606822 y: 4646812

Concello:

Baltar

Parroquia:

TEXÓS

Lugar:

Texós

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de Santa María

Descrición:

No barrio do Eiró sitúase a igrexa de Santa María datada no século XVIII e realizada en boa sillería e con cuberta de tella do país a dúas augas. Presenta planta rectangular coa sancristía adosada no seu lateral esquerdo e o presbiterio máis elevado, cun vano por lateral e con pináculos de bolas decorando a cuberta.
 
A fachada principal ten porta lintelada con moldura perimetral e cuxas esquinas se acobada. Na zona central destaca un óculo labrado con motivo de esvástica. O remate superior de espadana sobre cornixa voada. A espadana ten un corpo con dous arcos de medio punto, que albergan as campás e vai superado por un frontón triangular con arco central, pináculos nos extremos e cataventos de ferro coroando o seu vértice. Sobre a cuberta do lateral esquerdo hai varios chanzos de pedra para acceder ás campás.
 
Esta fachada fíxose no ano 1757, como se recolle no fol.144v do libro 4.12.4 "en data se incluien 3100 rls que se gastaron en la fachada desta iglesia por ocurrir a la gravisima necesidad de haverse arruinado a tiempo que se estaba diziendo misa". No fol.149, 1757 recóllese a obra da fachada da igrexa feita por Valeriano Carrero mestre de cantería veciño de Faramontaos. Existíu unha fachada anterior, así no fol. 43, 1662. Visita "consta se gastaron y consumieron en hacer la portada y campanario y reedificación de escalera".
 
Toda a edificación vai percorrida por unha cornixa moldurada baixo a cuberta.
 
No lateral esquerdo da igrexa, ábrese outra porta, en orixe con arco pero agora lintelada . Na sancristía, de forma rectangular hai un único vano rectangular e abucinado e unha inscrición ilexible. No libro 4.12.5, no fol 86v.,1712 aparece "se haga una sacristía y en ella una fuente". No fol.103, (sen data) "por levante a la sacristia en paredes y piso y abrirle una fenestra 1100 rls". No fol.135, 1817 "La sacristia de esta Yglesia estaba tan baxa [...] para ir de ella al altar mayor y a los colaterales era preciso subir un escalon de casi dos quartas de alto; la puerta ademas de estar baxa estaba junto a la cepa del arco [...] por lo qual parecio conveniente mudarla adonde esta [...] abrirle un tragaluces [...] al cantero Jose Vila 1100 rls".
 
A igrexa, o adro e o cemiterio (Libro 4.12.5, fol.123,1830 "puso para el cementerio que por orden soberana se hizo 780 rls"; no fol.119v,1834 "por haver de concluir el cementerio por orden del gobierno se mandaba con bastante apuro [...] baldosar la capilla y componer el altar de la capilla del cementerio y hechar dos colunas al tirante 69 rls") están rodeados por un muro de perpiaño e cun único acceso polo lateral esquerdo. A cancela de ferro está decorada con pináculos piramidais de bola.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
    TEJONES, Santa María
        4.12.4. Cuentas de mayordomos y cofradías (1611-1790).
        4.12.5. Primicias (1806-1835). Cuentas anteriores.
 
 

volver a búsqueda