Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010088

Nomenclator:

3200505

Coord. UTM:

x: 606810 y: 4646797

Concello:

Baltar

Parroquia:

TEXÓS

Lugar:

Texós

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Na praza do Eiró atópase este forno de tipoloxía comunal. Presenta planta rectangular coa zona da capela en curva, con muros de cachotería e cuberta de granito a dúas augas coas lousas montadas unhas sobre outras. Na fachada ten unha porta con lumieira e a súa dereita, adosado no muro hai un sillar horizontal a modo de banco. En cada un dos muros laterais, destaca a parella de sólidos contrafortes para conter os empuxes da bóveda interior.
 
O interior encóntrase moi alterado, o chan en orixe de pedra, agora é de baldosas. Dos dous tendais pétreos, se conserva intacto o da dereita, xa que o do lateral esquerdo está partido, por mor da construción dunha barra de bar. Conserva a capela, o lar e a boca con porta de forxa. O chapelí moi desenvolvido sobre grandes ménsulas de granito e estrutura de lousas. Ademais os arcos faxóns de medio punto e as bóvedas de canón atópanse en perfecto estado.
 
Case todo o espazo do obradoiro, está agora ocupado por unha estrutura de madeira, que se emprega como cantina.

volver a búsqueda