Fonte do Pozo

mapa ficha

Referencia:

010087

Nomenclator:

3200505

Coord. UTM:

x: 606875 y: 4646877

Concello:

Baltar

Parroquia:

TEXÓS

Lugar:

Texós

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte do Pozo

Descrición:

No lugar coñecido como Outeiro, atópase esta fonte de manancial realizada en perpiaño. Presenta estrutura de arco de medio punto con cuberta abovedada. En dúas dovelas figuran a data de construción e unhas iniciais. No lateral esquerdo, a fonte vai embutida no terreo; cara a dereita, ten un pequeno murete de cachotería que sutenta os empuxes da bóveda e dous grandes sillares de granito lixeramente saíntes, que semellan un banco. Neste último muro tamén hai unha inscrición numérica.
 
Aos pés da entrada ten unha laxe en disposición horizontal e con rebaixe central para a saída da auga. Por medio dunha canle escavada, a auga desemboca nunha pía pouco profunda e tamén escavada na rocha.
 
A fonte vai pechada cunha porta de forxa negra, e o interior da bóveda está pintada de branco. O espazo que precede á fonte, e por onde discorre a canle, está cementada.

volver a búsqueda