Peto de ánimas

mapa ficha

Referencia:

010086

Nomenclator:

3200505

Coord. UTM:

x: 607477 y: 4647621

Concello:

Baltar

Parroquia:

TEXÓS

Lugar:

Texós

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Peto de ánimas

Descrición:

Á entrada do núcleo rural, á beira dereita da estrada que une Xinzo con Baltar, atópase este peto de ánimas. Presenta un corpo de sección prismática con tres rúas separadas por medio de simples listeis verticais. As rúas laterais son lixeramente cónvexas e rematan en molduras con saledizo. A central é máis ancha e ten unha fornela de medio punto con molduras cóncavas, con repisa flanqueada por volutas e coroada por motivo de pináculo en relevo que continúa na cornixa en forma de placa. Sobre o corpo principal, ten unha cornixa voada sobre a que se levanta un macizo pedestal troncopiramidal. Na bibliografía consultada, sobre este pedestal había un pináculo moi desenvolvido.
 
Nun lateral figuran as grafías dunha deteriorada inscrición, da que só se aprecian dúas letras. A data da construción que se cita na bibliografía xa non se aprecia.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985, p.312.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.  

volver a búsqueda