Peto de ánimas

mapa ficha

Referencia:

010081

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609820 y: 4645829

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Peto de ánimas

Descrición:

Situado nunha encrucillada de camiños ás aforas do núcleo rural atópase O Peto. Sobre unha plataforma,  levántase un corpo prismático con rúa central refundida onde se encaixa unha fornela de medio punto, flanqueada por resaltes a modo de pilastras. A fornela central presenta repisa sobresaínte e moldura perimetral con inscrición fundacional e enreixado de forxa. O corpo remata nunha cornixa voada que serve de base a un desenvolvido pedestal de perfil curvilíneo con inscrición e coroado por unha cruz florenzada, flanqueada por pináculos piramidais de bola. No resalte esquerdo do corpo hai unha inscrición.
 
Segundo a bibliografía, a fornela acolle un deteriorado retablo de madeira, no que se aprecia o relevo de dúas ánimas orantes, da que só se conserva a táboa traseira. Ademais, os pináculos citados na descrición, non figuran na fotografía da bibliografía consultada.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985, p.311.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda