Fonte e lavadoiro da Cal

mapa ficha

Referencia:

010079

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609574 y: 4645530

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro da Cal

Descrición:

No barrio da Cal atópase este conxunto de fonte e lavadoiro. A fonte de perpiaño responde á tipoloxía de fonte da cano, presenta un estanque rectangular cos bordos en resalte e con rebaixes laterais para evacuar a auga. Sobre o estanque e a modo de frontal, hai un bloque de perpiaño con vertedor de auga con perfil curvo tamén de granito. No interior do depósito hai unha peza granítica fincada para apoiar os recipientes. A fonte ten unha peza rectangular de granito labrado con inscrición incisa e pintada en negra. Trátase dun engadido posterior que non formaba parte da estrututa orixinal.
 
O lavadoiro de perpiaño ten forma cadrada coas laxes dos bordos inclinadas para facilitar o lavado da roupa. En tres dos seus lados, vai rodeado por un muro de cachotería, en cuxo lado dereito ten unha repisa formada por bos sillares, para apoiar os utensilios das lavandeiras e o chan está enlousado en granito.
 
O conxunto ten diante unha pequena praza (hoxe cementada) e despois se conserva parte da canalización aberta e de granito que discorría por parte deste barrio e chamada a Canella da Cal.
 
 

volver a búsqueda