Casa Singular

mapa ficha

Referencia:

010078

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609588 y: 4645726

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa Singular

Descrición:

Situada no barrio do Alcouce atópase esta interesante casa con fonte, fornela e cruz. Trátase dunha vivenda dun andar con planta cuadrangular, e muros mixtos, de perpiaño en fachadas dianteira e traseira, e de cachotería na lateral; está adosada a outra casa. A cuberta é de tella dúas augas.
 
Na fachada principal destaca unha fonte de manancial con estrutura de arco de medio punto e cuberta abovedada. A ambos lados ten un banco formado por unha laxe embutida no muro. Hoxe a fonte está provista dunha porta de forxa negra. Sobre a fonte hai unha fornela de medio punto con moldura e repisa bastante sobresaínte. A fornela vai superada por unha cruz cos travesaños aristados e remates vexetais decorando os extremos dos tres brazos, sobre peaña escalonada con restos de policromía vermella.
 
Na fachada traseira, a casa ten unha soa planta cunha porta de acceso con chanzos e lumieira. Na fachada lateral, hai outra porta tamén con lumieira e xambas de sillares.
 
Á dereita e separada por un carreiro hai outra casa, en cuxo muro se conserva unha couzoeira para o portón de madeira que daba acceso ao calexón que quedaba entre as dúas casas.
 
En fronte desta vivenda hai outra casa coñecida como "A Casa do Consumo", alí se cobraba o imposto equivalente á contribución. A casa está bastante alterada, a cuberta é de fibrocemento, ten unha gran parte da fachada con cemento, destaca unha ventá con repisa e data "1779", nun sillar próximo.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda