Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010075

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609795 y: 4645544

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Forno comunal situado no barrio da Cruz. Presenta planta rectangular, muros mixtos, de perpiaño na fachada e cachotería nos laterais. A cuberta é de granito a dúas augas e ten un pórtico dianteiro sobre toscos pilares de granito e cuberta de tella. A fachada ten unha porta de aluminio con lumieira. O interior atópase en estado de abandono, pero aínda así conserva a capela e o lar; ten un desenvolvido chapelí e boca con arco de medio punto. O obradoiro atópase cheo de mobiliario relixioso. Ademais, tamén perdurou unha pía de granito para mollar as vasoiras de xesta que se usaban para limpar o forno.
 
Na actualidade o pórtico ten estrutura de madeira e tella con trabes de cemento e un engadido de bloque de formigón en todo o espazo baixo as cubertas. Segundo os veciños, orixinalmente o tellado deste pórtico era de colmo.

volver a búsqueda