Igrexa parroquial de San Lourenzo

mapa ficha

Referencia:

010073

Nomenclator:

3200504

Coord. UTM:

x: 609687 y: 4645670

Concello:

Baltar

Parroquia:

NIÑODAGUIA

Lugar:

Niñodaguia

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de San Lourenzo

Descrición:

Igrexa realizada en perpiaño, ten planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro máis elevado e cuberta de tella do país a dúas augas. A fachada principal consta de portada de arco de medio punto con marcadas e grandes dovelas, intradós decorado con rebaixe escalonado e extradós con moldura cóncava. O arco da portada, descansa sobre pseudopilastras labradas no propio sillar con moldura superior a modo de capitel e sobre alto pedestal moldurado. Todo enmarcado por moldura rectangular a modo de cornixa. O remate superior de espadana cun primeiro corpo de dous arcos de medio punto que albergan sendas campás e un frontón triangular moi elevado con pequeno vano central e coroamento de pequena cruz pétrea. No lateral esquerdo da cuberta, hai varios chanzos de granito para acceder á espadana, que enlazan coa escaleira de ferro adosado ao muro.
 
No muro lateral esquerdo hai outra porta de acceso de arco de medio punto máis sinxela e onde figura unha inscrición fundacional. As cubertas da sancristía e presbiterio, decóranse con pináculos piramidais de bolas. O beiril de toda a igrexa, presenta unha cornixa moldurada.
 
A edifciación, adro e cemiterio están rodeados por un muro de perpiaño decorado con cruces. A porta de acceso ao recinto sagrado é de forxa e decorada con dous grandes pináculos piramidais. Algunhas das sepulturas intregánse no propio muro perimetral.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-Ficha Inventario artístico

volver a búsqueda