Igrexa parroquial de Santiago

mapa ficha

Referencia:

010071

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 609311 y: 4648030

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Garabelos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Igrexa parroquial de Santiago

Descrición:

Igrexa de perpiaño con planta rectangular dunha soa nave, sancristía adosada no seu lateral dereito, co presbiterio lixeiramente elevado e a cuberta de tella do país a dúas augas.
 
A fachada principal ten portada con arco de medio punto con grandes dovelas, moldura no intradós e pilastras molduradas sobre pedestal tamén con molduras. Por riba do arco, ocupando a zona central, ten unha cornixa moldurada e un rosetón de estrela de seis puntas labrado. O remate superior de espadana con corpo de dobre arco de medio punto con dúas campás e frontón triangular agudo decorado nos extremos con pequenos pináculos piramidais e coroado por cruz florenzada.
 
No lateral esquerdo ten outra porta de acceso tamén con arco de medio punto e grandes dovelas. No dereito, a sancristía rectangular ten no lado curto do testerio un vano cuadrangular.  
 
Toda igrexa incluída a sancristía, vai percorrida por unha cornixa moldurada. Tendo en conta a diferencia de nivel que se pode apreciar nesta cornixa, pódese afirmar que o edificio orixinal do século XVI cun único volume, ampliouse no XVII, coa sancristía e o presbiterio a maior altura.  
 
Ao longo do paramentos da igrexa hai cruces latinas en relevo, que se corresponderían con antigas sepulturas. Ademais, aparece circundada por un muro de cachotería que alberga o adro e o cemiterio.
 
A ficha do Ministerio de Cultura fai referencia a unha inscrición a dereita da porta principal, que non se atopou e que o propio sancristán descoñecía:
·JÜPION CAN
TERO 13OL _
OBAZ IPGT
A transcrición sería: Jerónimo Diaz Cantero hizo la obra 1567.
 
No libro de Contas 4.7.5, aparecen as seguintes referencias: no fol.42,1900 "Por el nuevo techo del coro y reforma de la nave 1600 rls" e no fol. 45, 1905 "4 @ de cal para reformar el campanario 5 pts".
 
DOCUMENTACION:
-Ficha Inventario artístico.
-A.H.D.OU.
    GARABELOS, Santiago y BOUZO.
         4.7.5. Cuentas (1813-1839)

volver a búsqueda