Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010070

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 609276 y: 4647800

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Garabelos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Situado no barrio de Abaixo, atópase este forno comunal. Ten planta rectangular, muros de cachotería e cuberta de tella do país a duas augas cunha cheminea de granito en forma de anta. Na fachada, e cara un lado, portal con lumieira. No interior conserva en perfecto estado, a capela e lar do forno, a boca, o chapelí e a borralleira a mais do tendal pétreo, adosado no muro lateral esquerdo. É de salientar a existencia dunha repisa de granito para amasar as bicas, ao seu lado, unha fornela para depositar o fermento do pan e unha pía antropomorfa, empregada para mollar as vasoiras cando se limpaba o forno por dentro. Aínda que restaurado, mantivo a estrutura de madeira do teito.
 
Os muros interiores están encintados ao xeito tradicional, os exteriores, encintados con cemento. O chan orixinal de terra, agora é de baldosas de barro cocido.
 

volver a búsqueda