Fonte do cruceiro

mapa ficha

Referencia:

010069

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 609287 y: 4647794

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Garabelos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte do cruceiro

Descrición:

No barrio de Abaixo á beira do cruceiro, sitúase esta fonte. Trátase dunha fonte de cano realizada en perpiaño, con estanque rectangular e corpo troncopiramidal. Este último decorado na parte superior cunha moldura con dous cilindros en cuxas caras hai incisas estrelas de seis puntas. Baixo a moldura ten unha inscrición fundacional "1962" e unha billa metálica. No estanque leva unha peza pétrea semicircular para apoiar os recipentes para coller a auga.

volver a búsqueda