Peto de ánimas

mapa ficha

Referencia:

010067

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 609219 y: 4647638

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Garabelos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Peto de ánimas

Descrición:

Nas aforas do núcleo, na marxe dereita da estrada que vai a Niñodaguía, no lugar coñecido como A Corredoira, atópase este peto. Sobre unha grada, levántase o corpo prismático flanqueado por pilastras caxeadas con basas e capiteis dóricos. No centro, fornela de arco de medio punto con moldura de cuarto bocel sobre repisa prolongada decorada con motivo de placa recortada, está pechada cun enreixado de ferro. Entre a fornela e a cornixa, ten unha superficie con decoración labrada. A cornixa moldurada e refundida na zona central, repite o esquema do corpo principal e decórase nos extremos con estilizados pináculos piramidais. O coroamento componse de pedestal escalonado con remate de bola e unha cruz que hoxe non conserva.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985, p.310.
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de Catalogación del Ministerio de Cultura.
 
 

volver a búsqueda