Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

010064

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 610411 y: 4647962

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Bouzo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Lavadoiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

Á saída do núcleo, no lugar da Touza, atopamos este conxunto de fonte e lavadoiro, en orixe realizado integramente en perpiaño. O conxunto está alterado, na zona central ten unha estrutura en forma de tellado a dúas augas, en cemento que non é a orixinal. Esta estrutura vai asentada sobre unha laxe de perpiaño, en cuxo frente hai unha inscrición fundacional de 1959. No lado dereito, sitúase o lavadoiro de forma rectangular, en perpiaño e coas laxes de tres dos seus bordos inclinadas, para facilitar o lavado da roupa. Ao esquerdo, estanque rectangular, tamén en perpiaño.

volver a búsqueda