Cruceiro

mapa ficha

Referencia:

010062

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 610510 y: 4647864

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Bouzo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro

Descrición:

Nunha pequena praciña de O Bouzo, sitúase este cruceiro. Presenta plataforma de dúas gradas, pedestal cúbico e varal cilíndrico. Sobre un baquetón decorado con motivo de soga evántase o capitel xónico; nas caras frontal e traseira, entre as volutas hai a representación dun rostro, nas outras caras, ten liñas incisas en disposición vertical. Remata nunha cruz sen imaxes, cos travesaños de sección rectangular e aristados, con motivos semiesféricos decorando os tres brazos.
 
Segundo a información dun veciño, a cruz actual é unha réplica da orixinal, enterrada pola cura no cemiterio de Garabelos, despois de que uns rapaces a tiraran unha noite de troula fai uns corenta anos.

volver a búsqueda