Capela de San Bieito

mapa ficha

Referencia:

010061

Nomenclator:

3200503

Coord. UTM:

x: 610494 y: 4647938

Concello:

Baltar

Parroquia:

GARABELOS DO BOUZO

Lugar:

Bouzo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Bieito

Descrición:

No barrio da Praza, sitúase esta capela de perpiaño, de planta rectangular dunha soa nave, cuberta de tella do país a dúas augas e atrio porticado. A fachada baixo o pórtico ten unha portada con arco de medio punto e remate superior con campanario, de arco apuntado e frontón triangular con cruz. O adro porticado, é tetrástilo con pequenas columnas con base e con capitel de inspiración dórica. Entre as catro columnas do frente, hai dous grandes pináculos piramidais de bola. O pórtico ten tamén un banco corrido adosado na súa cara interior.
 
Na actualidade o pórtico pechouse con ladrillo recebado con cemento, imitando bloques de formigón, ocultando dúas columnas dos muros laterais. Nestes novos muros, abríronse dúas ventás cadradas con peches de pvc branco. Ademais o chan do atrio, revestíuse de pezas homoxéneas de granito rosa porriño e ten unha cancela de ferro.
 
A datación da capela de San Bieito é do século XVII.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-Ficha Inventario artístico.
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.
 
 

volver a búsqueda