Fonte do Regueiro

mapa ficha

Referencia:

010060

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 605072 y: 4645587

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Gomariz

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Fonte do Regueiro

Descrición:

Fonte de manancial realizada en perpiaño, con estrutura en arco de medio punto e cuberta abovedada. Sobre o cubo da fonte hai unha cornixa moldurada que sustenta un coroamento composto por diferentes elementos. Ocupa a zona central, unha peza rectangular cos bordos ondulantes e decorada no seu interior con motivo de espirais incisos. Un pináculo piramidal e un sillar, flanquean a peza decorada. Cada un dos extremos, vai pechado con varias lousas superpostas.
 
Na boca da fonte hai dous bloques lonxitudinais de perpiaño, o inferior cun pequeno bico para verter a auga; o superior notablemente gastado, polo apoio dos pés.
 
Na actualidade, no seu lateral esquerdo vai adosado un muro de cachotería dunha vivenda, cunha pequena escaleira de catro chanzos que chegan ata a fonte.
A fonte orixinal era exenta.

volver a búsqueda